martes, 23 de noviembre de 2021

TEMA 5- O deseño curricular base para as linguas estrangeiras.

 

 

 


 

 

 

 O tema 5 desenvolveuse en 3 sesións.

O primeiro dia(8 de novembro)  o profesor fixo unha presentación da materia e introduciu o tema 5.

En grupos tivemos que contestar unhas preguntas sobre o currículo en educación secundaria, os seus elementos, as competencias, os grados de concreción curricular. Tamén vimos un pouco cales son as distintas competencias do Goberno, Comunidades Autónomas, Ministerio de Educación e centros no que concirne os horarios ,contidos, as probas finais, os estándares de aprendizaxe na ESO e Bacharelato. Para esta ultima parte fixemos un Kahoot.

O segundo dia(15 de novembro) traballamos en grupos de 4 en un documento partillado sobre o currículo da ESO, Bacharelato e FP. O principio tiñamos que completar a información que pedía o profesor e logo tivemos que crear unha presentación do traballo feito. A avaliación de cada presentación a fixo outro grupo usando unha rubrica.

Ese dia tamén fixemos un Kahoot para fixar os conceptos das competencias do currículo, pero esta vez para as EOIs. O terceiro dia(22 de novembro), igual que a clase anterior, traballamos en un documento compartido, esta vez pero o traballo foi individual. Cada un comentou o apartado que lle asignara o profesor.

Gustoume a técnica dos documentos partillados, paréceme unha boa forma de aprender por descubrimento. Este tipo de traballo usa unha metodoloxía constructivista. O profesor ofrece o material e fai o papel de guía, pero somos os alumnos mediante a busca que encontramos a información e finalmente aprendemos.

Outro descubrimento foi o Kahoot,foi a primeira vez que xoguei.

A verdade é divertido pero non estou segura que para fixar concepto sexa un bo método. De feito se non fora polas diapositivas do profesor creo ía ter un pouco de confusión.Tamén teño  que dicir que sempre o fixemos o rematar a clase e igual a confusión tamén pode depender do cansazo.

Tanto o Kahoot que o documento partillado en cada caso parécenme unha boa idea para tratar temas que son bastantes teóricos e axudan con que os alumnos no se cansen tanto e sigan cun adecuado nivel de atención.

No hay comentarios:

Publicar un comentario